Twitter

Debido a un error, posiblemente de latencia en la conexión a Twitter, los tweets del usuario no pueden mostrarse.

Eduardo Alonso e Andrea Bayer, finalistas galegos na XVI edición dos Premios Max

 

 

O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas dá a coñecer mediante este comunicado os finalistas nas 23 categorías a concurso da XVI edición destes galardóns, impulsados pola Fundación Autor da SGAE co propósito de estimular e premiar o talento dos profesionais das artes escénicas no eido estatal, ademais de promocionar os espectáculos en vivo.

 

Así mesmo, concédense outros seis premios especiais: o Premio de Honor, o Premio Iberoamericano e o Premio Novas Tendencias, por designación directa do comité organizador; o da Crítica e o Espectáculo Revelación, que fallarán os seus respectivos xurados; e o Afeccionado, que outorgará o comité organizador tras estudar as diferentes propostas recibidas. Este último premio incorpórase este ano co obxectivo de recoñecer a traxectoria dunha  persoa ou entidade pública ou privada no ámbito amador que contribuíra ao fomento de novos públicos, á difusión da creación dramática e ao impulso dos profesionais do futuro.

 

A falta de coñecer qué candidatura representará a Galicia no premio Espectáculo Revelación, os primeiros finalistas galegos aos XVI Max son Eduardo Alonso (por Último cowboy) e Andrea Bayer (por Fíos). Entre ambos dirimirase o premio Mellor Autoría Teatral en Galego .

 

Os Premios Max, cuxo galardón está deseñado polo poeta e artista plástico Joan Brossa (Barcelona, 1919-1999), impulsor dun dos colectivos renovadores da arte española de posguerra, consolidáronse ao longo destes anos como o recoñecemento máis amplo no ámbito das artes escénicas no Estado español, dado que son os propios profesionais do teatro e a danza quen integran o corpo electoral, un sinal máis da súa indiscutible singularidade.

 

Este carácter democrático e coral, esencia do mundo escénico, goza dunha continuación na elección da cidade onde teñen lugar dende a súa orixe en 1998: Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Valencia, Vigo, Zaragoza, Guadalaxara, As Palmas de Gran Canaria e Córdoba teñen acollido a gala ata hoxe. Será a cidade de Madrid a que recibirá a cerimonia da XVI edición dos Premios Max das Artes Escénicas o vindeiro 13 de maio de 2013.

 

PREMIOS MAX DAS ARTES ESCÉNICAS

FINALISTAS da XVI Edición

 

Mellor Espectáculo de Teatro, Teatro Musical, Danza e Infantil

Na categoría de Mellor Espectáculo de Teatro optan á estatuíña De ratones y hombres, de Concha Busto Producción y Distribución, S.L.; En la luna, de Teatro de la Abadía, e La vida es sueño, da Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC) – INAEM. A categoría de Mellor Espectáculo de Teatro Musical acolle a Cabaret Popescu, de Lavi e Bel, S.L.; Follies, de Teatro Español, e Siglo de Oro, siglo de ahora (Folía), de Ron Lalá Teatro, S.L. O Mellor Espectáculo de Danza recaerá entre El amor brujo, de Rojas & Rodríguez; No sé si..., de Compañía Marta Carrasco, e Tacita a tacita, de Teresa Nieto en Compañía. Finalmente, os candidatos ao Mellor Espectáculo Infantil son Alegría, palabras de Gloria Fuertes, de Teatro de Malta; Clinc!, de Companya Pep Bou, e Los músicos de Bremen, de La Bicicleta del Teatro Sanpol.

 

Linguas do Estado

Os autores finalistas na categoría de Mellor Autoría Teatral en Castelán son Alfredo Sanzol, por En la luna; Guillem Clua, por La piel en llamas, e Miguel del Arco, por Juicio a una zorra. En Mellor Autoría Teatral en Catalán ou Valenciano atopamos a Carol López, por Res no tornarà a ser com abans; Josep Maria Miró i Coromina, por El principi d’Arquimedes; Marta Buchaca, Carol López, Mercè Sarrias e Victòria Szpunberg, por L’any que ve será millor; e Pau Miró, por Els jugadors. A categoría de Mellor Autoría Teatral en Euskera acolle a Jon Urraza, por Morritson eta Gartzia; e Patxo Telleria, por Lingua Nabajorum. E na categoría de Mellor Autoría Teatral en Galego optan ao premio Andrea Bayer Lloves, por Fíos; e Eduardo Alonso, por Último cowboy.

 

Adaptación e composición musical

Na categoría de Mellor Adaptación de Obra Teatral atopamos a Juan Caño Arecha e Miguel del Arco, por De ratones y hombres; Juan Mayorga, por La vida es sueño e Miguel del Arco, por El inspector. Pola súa parte, en Mellor Composición Musical para Espectáculo Escénico optan ao premio Albert Guinovart, por La vampira del Raval; Arnau Vilà, por De ratones y hombres; Ignacio García, por La vida es sueño, e Yayo Cáceres, por André y Doriné.

 

Coreografía, dirección de escena e dirección musical

A categoría de Mellor Coreografía acolle a Manuel Liñán e Daniel Doña, por Rew; Marta Carrasco, por No sé si…, e Teresa Nieto, por Tacita a tacita. Na categoría de Mellor Dirección de Escena atopamos a Alfredo Sanzol, por En la luna; Mario Gas, por Follies, e Miguel del Arco, por De ratones y hombres. O Max á Mellor Dirección Musical recaerá entre Arnau Vilà, por De ratones y hombres; Emilio Goyanes, por Cabaret Popescu, e Pep Pladellorens, por Follies.

 

Escenografía, figurinista e iluminación

A categoría Mellor Escenografía está compartida por Alejandro Andújar, por En la luna; Alejandro Andújar e Esmeralda Díaz, por La vida es sueño, e Eduardo Moreno, por De ratones y hombres. En Mellor Figurinista atopamos a Alejandro Andújar e Carmen Mancebo, por La vida es sueño; Ana López, por De ratones y hombres, e Antonio Belart, por Follies. O Mellor Deseño de Iluminación recaerá entre Juan Gómez Cornejo, por La vida es sueño; Juanjo Llorens, por De ratones y hombres, e Pedro Yagüe, por En la luna.

 

Actriz e actor protagonista

Optan ao Max a Mellor Actriz Protagonista Amparo Baró, por Agosto (Condado de Osage); Blanca Portillo, por La vida es sueño, e Carmen Machi, por Juicio a una zorra. Na categoría Mellor Actor Protagonista atopamos a Carlos Hipólito, por Follies; Fernando Cayo, por De ratones y hombres, e Roberto Álamo, por De ratones y hombres.

 

Actriz e actor de elenco

Na categoría Mellor Actriz de Elenco optarán ao premio Asunción Balaguer, por Follies; Lucía Quintana, por En la luna, e Nuria Mencía, por En la luna. O Max ao Mellor Actor de Elenco recaerá entre Andrés Herrera, por Res no tornarà a ser com abans; Antonio Canal, por De ratones y hombres, e Juan Codina, por En la luna.

 

Intérpretes feminina e masculino de danza

O Max á Mellor Intérprete Feminina de Danza resolverase entre Carmen Werner, por La mujer Invisible (Identidad); Marta Carrasco, por No sé si…, e Teresa Nieto, por Tacita a tacita. Pola súa parte, ao de Mellor Intérprete Masculino de Danza optan Carlos Miró, por Soplata Globus; Manuel Liñán, por Tacita a tacita, e Toni Aparisi, por Desalmados.

 

Empresa ou produción privada de artes escénicas

O Max á Mellor Empresa ou Produción Privada de Artes Escénicas quedarase entre Concha Busto Producción y Distribución, S.L., por De ratones y hombres; Kamikaze Producciones S.L., por Juicio a una zorra, e Ron Lalá Teatro, S.L., por Siglo de Oro, Siglo de Ahora (Folía).

 

LISTAXE COMPLETA

Finalistas XVI Edición dos Premios Max das Artes Escénicas

 

Mellor Espectáculo de Teatro

De ratones y hombres – Concha Busto Producción y Distribución, S.L.

En la luna – Teatro de la Abadía

La vida es sueño – Compañía Nacional de Teatro Clásico (CNTC) - INAEM

 

Mellor Espectáculo de Teatro Musical

Cabaret Popescu – Lavi e Bel, S.L.

Follies – Teatro Español

Siglo de Oro, siglo de ahora (Folía) – Ron Lalá Teatro, S.L.

 

Mellor Espectáculo de Danza

El amor brujo – Rojas & Rodríguez

No sé si... – Compañía Marta Carrasco

Tacita a tacita – Teresa Nieto en Compañía

 

Mellor Espectáculo Infantil

Alegría, palabras de Gloria Fuertes – Teatro de Malta

Clinc! – Companya Pep Bou

Los músicos de Bremen –La Bicicleta del Teatro Sanpol

 

Mellor Autoría Teatral en Castelán

Alfredo SanzolEn la luna

Guillem CluaLa piel en llamas

Miguel del ArcoJuicio a una zorra

 

Mellor Autoría Teatral en Catalán ou Valenciano

Carol LópezRes no tornarà a ser com abans

Josep Maria Miró i Coromina – El principi d’Arquimedes

Marta Buchaca, Carol López, Mercè Sarrias y Victòria Szpunberg – L’any que ve será millor

Pau MiróEls jugadors

 

Mellor Autoría Teatral en Euskera

Jon UrrazaMorritson eta Gartzia: Kultoko Antzezlana

Patxo TelleriaLingua Nabajorum

 

Mellor Autoría Teatral en Galego

Andrea Bayer LlovesFíos

Eduardo AlonsoÚltimo cowboy

 

Mellor Adaptación de Obra Teatral

Juan Caño Arecha e Miguel del ArcoDe ratones y hombres

Juan MayorgaLa vida es sueño

Miguel del ArcoEl inspector

 

Mellor Composición Musical para Espectáculo Escénico

Albert GuinovartLa vampira del Raval

Arnau VilàDe ratones y hombres

Ignacio GarcíaLa vida es sueño

Yayo CáceresAndré y Doriné

 

Mellor Coreografía

Manuel Liñán e Daniel DoñaRew

Marta CarrascoNo sé si…

Teresa NietoTacita a tacita

 

Mellor Dirección de Escena

Alfredo SanzolEn la luna

Mario Gas - Follies

Miguel del ArcoDe ratones y hombres

 

Mellor Dirección Musical

Arnau VilàDe ratones y hombres

Emilio GoyanesCabaret Popescu

Pep PladellorensFollies

 

Mellor Escenografía

Alejandro AndújarEn la luna

Alejandro Andújar e Esmeralda DíazLa vida es sueño

Eduardo MorenoDe ratones y hombres

 

Mellor Figurinista

Alejandro Andújar e Carmen ManceboLa vida es sueño

Ana LópezDe ratones y hombres

Antonio BelartFollies

 

Mellor Deseño de Iluminación

Juan Gómez CornejoLa vida es sueño

Juanjo LlorensDe ratones y hombres

Pedro YagüeEn la luna

 

Mellor Actriz Protagonista

Amparo BaróAgosto (Condado de Osage)

Blanca PortilloLa vida es sueño

Carmen MachiJuicio a una zorra

 

Mellor Actor Protagonista

Carlos HipólitoFollies

Fernando CayoDe ratones y hombres

Roberto ÁlamoDe ratones y hombres

 

Mellor Actriz de Elenco

Asunción BalaguerFollies

Lucía QuintanaEn la luna

Nuria MencíaEn la luna

 

Mellor Actor de Elenco

Andrés HerreraRes no tornarà a ser com abans

Antonio CanalDe ratones y hombres

Juan CodinaEn la luna

 

Mellor Intérprete Feminina de Danza

Carmen WernerLa mujer Invisible (Identidad)

Marta CarrascoNo sé si…

Teresa NietoTacita a tacita

 

Mellor Intérprete Masculino de Danza

Carlos MiróSoplata Globus

Manuel LiñánTacita a tacita

Toni Aparisi- Desalmados

 

Mellor Empresa ou Produción Privada de Artes Escénicas

Concha Busto Producción y Distribución, S.L.De ratones y hombres

Kamikaze Producciones S.L.Juicio a una zorra

Ron Lalá Teatro, S.L.Siglo de Oro, Siglo de Ahora (Folía)