miércoles, 18 de octubre de 2017
 

Twitter

Debido a un error, posiblemente de latencia en la conexión a Twitter, los tweets del usuario no pueden mostrarse.

Julián Hernández e Rómulo Sanjurjo presentan La Maravilla Enmascarada o 28 de febreiro na Fundación Autor

 



A Sede de SGAE/Fundación Autor en Santiago de Compostela acollerá este xoves, 28 de febreiro, o concerto de La Maravilla Enmascarada, da man de Julián Hernández e Rómulo Sanjurjo. Compartirán escenario con Factoría de Subsistencia, grupo de Josito Porto e Anxo Graña. O evento dará comezo ás 21:00 horas no recinto do parque de Vista Alegre, cun prezo de acceso de 5 euros.

Julián Hernández e Rómulo Sanjurjo presentarán o seu proxecto en conxunto: La Maravilla Enmascarada, no que propoñen un percorrido musical multidimensional por universos paralelos e realidades alternativas. Un espectáculo diferente no que amplían o repertorio e as colaboracións, con guitarras eléctricas, ukelele, acordeón e “voces celestiais”. Compartirán escenario con eles Factoría de Subsistencia, proxecto do músico e actor Josito Porto xunto a Anxo Graña con influenzas moi variadas.

Por outra banda, o venres 1 de marzo, os protagonistas na sede galega dos autores serán os ourensáns M Carballo e Best Life. M Carballo presenta o seu terceiro traballo, con sabor fresco e melodías elegantes e envolventes, cunha liña definida no pop-rock e raíces no rock clásico e acústico norteamericano. BestLife, pola súa parte, iniciou a súa andaina como trío acústico con cancións propias. Hoxe xa é unha banda de batería e guitarras eléctricas cunha rítmica contundente. O horario da xornada destes concertos será o mesmo que o xoves (21:00 h.), e o prezo de acceso é de 5 euros.

Próximos concertos na sede da Fundación Autor en Santiago de Compostela

Julián Hernández & Rómulo Sanjurjo presentan La Maravilla Enmascarada + Factoría de Subsistencia (28 de febreiro)

M Carballo + Best Life (1 de marzo)

Xacobe Martínez Antelo Trío + Xacobe Martínez Antelo & Marcos Pin Dúo (14 de marzo)

McEnroe + The Soul Jacket (16 de marzo, ciclo Compostela Rock)

Habelas Hainas (21 de marzo)

Narf (22 de marzo)

Delahoja + artista convidado (12 de abril)

Cornelius (18 de abril)




Imágenes